Buscar este blog

miércoles, 22 de enero de 2014

Tipos de posicionamento.

1. Posicionamento baseado nas carcterísticas do produto: son aqueles productos que se posicionan en base ás súas características ou calidades. O máis recomendable é posicionarse sobre un só punto e reforzalo na mente do consumidor.
Un exemplo disto son as pilas "Duracell" pola "duración" das súas pilas.


2. Posicionamento con base en Prezo/Calidade: algunhas compañías apóianse na relación calidade/prezo para os seus productos.
Un exemplo podería ser Toyota, o cal se posicionou no mercado como a marca de mellor relación prezo/calidade ou tamén Carrefour, "o prezo máis baixo".


3. Posicionamento con respecto ao uso: consiste en ligar ao producto con determinado uso ou aplicación.
O exemplo deste podería ser Sensodyne: o dentífrico que elimina a sensibilade nos dentes.


4. Posicionamento orientado ao usuario: está asociado ao usuario como tal; moitas empresas escollen a un personaxe famoso co cal os consumidores queren identificarse.
Exemplo: a campaña de Pepsi con Britney Spears.


5. Posicionamento polo estilo de vida: as  opinións, intereses e actitudes dos consumidores permiten levar a cabo unha estratexia de posicionamento orientada ao seu estilo de vida.
O desodorante AXE é un bo exemplo por estar dirixido a homes que desexan conquistar mulleres e queren ser galáns.


6. Posicionamento con relación á competencia: Crear unha imaxe de ser igual ou mellor que a competencia.
Como exemplo temos Volvo "o automóvil máis seguro do mundo".
7. Posicionarse de primeiro: trátase de ser o líder na súa categoría.
Exemplo: Coca-cola leva manténdose no liderazgo moitos anos.


8. Posicionarse de "segundo": Empresas que atoparon que posicionándose de 2º pode ser a súa ventaxa competitiva.
Como exemplo temos unha campaña que utilizou Volkswagen nos anos 70, cando a maioría dos coches tiñan un tamaño máis ben grande, arriscouse lanzando un modelo de tamaño moito máis pequeno.
9. Reposicionamento: un produto pode manterse con un posicionamento determinado durante moitos anos, pero a día de hoxe, coas innovacións tecnolóxicas en mercados globais cada vez máis competitivos e economías tan cambiantes é necesario modificar ese posicionamento.
Exemplo: O champú para nenos Johnson&Johnson, que cando se decatou de que a estraxia do posicionamento para nenos estaba perdendo forza deciciu reposicionar este produto como familiar.


10. Posicionamento a través do nome: unha empresa nova no mercado debe atopar un nome que lle permita ser identificada co produto que representa.
Como exemplo, cando vas a tomar un refresco e pides unha "Pepsi" ou "Coca-cola" en lugar de pedir un refresco.
11. Nomes parecidos: Empresas pequenas que teñen un nome moi similar ao de grandes compañías e que a pesar de non saír nunca do anonimato, vense beneficiadas por esta similitude.
Por exemplo Farmaahorro e Farmatodo, os cales ao darse conta da similitude, xa comezaron a cambiar os seus logos para diferenciarse.