Buscar este blog

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Dimensións culturais de Geert Hofstede: España.

España en comparación con Finlandia e Portugal.


 Nesta gráfica podemos observar as dimensións culturais de España en comparación con Portugal e Finlandia.

Na primeira das dimensións, a Distancia ao poder, podemos ver como España se atopa por debaixo de Finlandia, pero máis por enriba de Portugal, o cal quere dicir que se atopa nunha distancia media ao poder.
Na segunda, observamos como claramente Finlandia é o máis individualista dos tres, ainda que España non se atopa tan lonxe. Portugal en cambio, é un país claramente colectivista ante estes dous.
En terceiro lugar, temos a masculinidade versus a feminidade, no que España mostra os niveis más altos, dándonos a entender que se trata dun país masculino, máis agresivo que Portugal e Finlandia, aínda que os niveis non son excesivamente altos.
En canto á aversión ao risco, Portugal mostra os niveis más altos, quedando España en segundo lugar e Finlandia de último. Isto quere dicir que Finlandia sería o país con menos "medo" ás novidades que se presenten. Así, España é un país moito máis reacio aos cambios.
Finalmente, na última das dimensións, vemos como os niveis dos tres países son claramente baixos, o cal quere dicir que se decantan pola orientación a curto prazo, o cal quere dicir que a súa filosofía é a preocupación polo presente en non tanto polo que veña no futuro.

No hay comentarios: